Friday 03 de May de 2024

Trece rapaces de Riveira poderán ir á neve no marco da Campaña de Esquí da Deputación


No marco do programa “Campaña de Esquí 2016”, da Deputación da Coruña, fóronlle adxudicadas 13 ao Concello de Riveira. .

As idades dos rapaces/zas participantes serán os nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, e aboarán 95,00 € (noventa e cinco euros) como cota de participación, estando incluído o seguinte:

 Transporte, estadía e manutención en aloxamentos ubicados na estación invernal de Leitariegos (León):

 Clases de esquí, seguros, alugamento de material, incluído o casco, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

O Concello de Riveira correspóndelle a 4ª QUENDA, dende o 28/02/2016 ó 04/03/2016.

O prazo máximo para a entrega de inscricións e documentación dos rapaces/zas remata o vindeiro día 22 de xaneiro de 2016.

A documentación que se entregará no momento de realizar a inscrición será a seguinte:

• Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante
• Unha foto tipo carné
• Fotocopia da tarxeta sanitaria
• Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia.

No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público, as 13.30 horas do día 25 de xaneiro, nas oficinas do departamento de deportes, sitas no Complexo Deportivo de A Fieiteira.

Para ampliar, cómpre contactar coa información na oficina municipal de deportes (981 873646).